ROTA ASCENSIÓN OS TRES VISPOS - NOTICIAS PASADA DAS CABRAS - Pasada das Cabras

Seguridad de la página de inicio
Vaya al Contenido

Menu Principal:

ROTA ASCENSIÓN OS TRES VISPOS

Publicado por webmaster en descripción rutas · 1/10/2015 09:12:35

- DATA: Sábado, 10-10-2015
- SITUACIÓN: Serra dos Ancares
- TEMPO (horas): 4
- DISTANCIA (Qms.): 16
- DIFICULTADE: Media
- TIPO DE RUTA: Circular
- COMIDA: Bocadillo

- DELEGADO: Alfonso Iglesias

Según me comenta Alfonso, que é o responsable de esta ruta, trátase dunha ruta espectacular encanto as paisaxes e a beleza do entorno e aínda que se pon de dificultade media e bastante doada, o único que é algo longa por eso se lle pon dificultade media.

A Comarca dos Ancares é un dos espazos naturais máis populares e a súa vez máis descoñecidos da nósa Comunidade. Formada por un conxunto de vales que parten dun cordal montañoso en dirección N-S que se achega ós 2.000 m. e que fai de fronteira natural entre Galicia e Castela-León as dúas comunidades autónomas que se reparten este espazo.
Un dos cumes que forman parte deste cordal é o Tres Bispos en territorio galego. Non é o máis alto da serra (Cuiña 1987 m.), nin siquera a máxima altitude da parte galega (Mustallar 1924 m.) pero sí o máis coñecido e máis visitado polos sendeiristas pola súa accesibilidade, polas excelentes vistas panorámicas que agocha, e sobre todo pola fermosura do tradicional roteiro que nos achega ata o seu cumio, dende o refuxio de montaña do “Club Ancares”, escollido polo grupo para a saída de outubro, cheo de incontables encantos e atractivos paisaxísticos como a espesura da fraga autóctona de Ortigal, un espectacular bosque de acivros centenarios, único en Galiza, ou o relevo glaciar da cabaceira do val fluvial do río Brego .... entre outros. Sen dúbida, un dos máis indicados e atinados para todos cantos queiran comenzar á coñecer Os Ancares e descubrir os tesouros naturais que esconden estas fermosas terras.




sin comentarios

 
Buscar
Regreso al contenido | Regreso al menu principal