FIN DE SEMANA NO PARQUE DO GERÊS (Portugal) - NOTICIAS PASADA DAS CABRAS - Pasada das Cabras

Vaya al Contenido

Menu Principal:

FIN DE SEMANA NO PARQUE DO GERÊS (Portugal)

Publicado por webmaster en Otras Noticias · 7/8/2017 11:02:11


FIN DE SEMANA NO PARQUE DO GERÊS (Portugal)



Bos días, como ben sabedes este ano temos previsto facer unha ruta de fin de semana os días 14 e 15 de outubro no Parque Natural do Gerês en Portugal, o programa será o siguiente:
SABADO DIA 14:
- Saída de Burela ás 7,00 h.
- Visita o Santuario do Bon Jesús en Braga e o pobo de Guimarâes, cuxo centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
- Comida por libre (non incluída no prezo) e tarde libre en Guimarâes.
- A noite chegada á Pousada de Juventude de Campo de Gerês. Cea en Restaurante de Campo de Gerês.
DOMINGO DIA 15:
- Almorzo na Pousada de Juventude.
- Realización da ruta de senderismo "Vía Nova (Geria) e pontes río Homen" de 12 quilómetros.
- Traslado en autobús, con parada nas Termas (se dá tempo) e comida en Lobios (Ourense).
- Regreso a Burela.
PRECIO POR SOCIO: 60,00 €. NON SOCIO: 90,00 €.
O prezo inclúe a viaxe, seguro, comidas, almorzos e ceas, excepto a comida de Guimarâes, que será por libre, posto que hai moitos restaurantes na vila, pero son pequenos e non atopamos para un grupo grande. A Asociaciópn subvenciona os gastos de aloxamento e almorzo.
A inscripción será en Gráficas Arfe ata o día 11 de setembro, no momento de inscribirse hai que adelantar a metade do importe ou sea 30,00 € os socios e 45,00 € os non socios.
As prazas son limitadas, respetarase a orde de inscripción.
Si tedes algunha dúbida ou queredes aclarar algo, non dubidedes en poñerse en contacto conmigo en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 ou con calquera da directiva da Asociación.





sin comentarios

 
Buscar
Regreso al contenido | Regreso al menu principal