PROGRAMA FIN DE SEMANA EN VIGO ( Illas Cíes o 14 e 15 de xullo). - NOTICIAS PASADA DAS CABRAS - Pasada das Cabras

Vaya al Contenido

Menu Principal:

PROGRAMA FIN DE SEMANA EN VIGO ( Illas Cíes o 14 e 15 de xullo).

Publicado por webmaster en descripción rutas · 6/4/2018 17:04:22

PROGRAMA FIN DE SEMANA EN VIGO
( Illas Cíes o 14 e 15 de xullo).

Penso que vai todo explicado, si tiverades algunha duda xa vos poñedes en contacto, o que sí hai que respetar o plazo de anotación e coma sempre nestas viaxes as prazas son limitadas e van por riguroso orden de anotación ou sexa que si che interesa non o deixes para o último día.


Como ben sabedes, este ano temos programado unha saída en xullo de fin de semana a Vigo para visitar as Illas Cíes, pois ben, este será o programa:

Sábado, 14 de xullo: Saída ás 7,00 h. da mañá da Estación de Autobuses de Burela con dirección a Vigo, despois da parada de rigor no camiño para tomar o café, chegaremos a Vigo donde ás 11,00 h. da mañá embarcaremos no Ferry para que nos leve as Illas Cíes, alí será por libre, cada quen pode facer o que lle apeteza, ou ben facer algunha das catro rutas que ten a Illa ou ben tomar o sol nunha das preciosas praias que alí hai ou o que queira, e a comida tamén será por libre, podese levar da casa ou ben comer nun dos dous restaurantes que hai. As 18,00 h. temos que estar todos no muelle para coller o barco que nos volvera a levar a Vigo.
O chegar a Vigo estaranos esperando o autobús que nos levará hasta o Hotel Coia (4 estrelas), onde despois do reparto de habitacións e de prepararnos un pouco cenaremos todos xuntos e o remate da cea cada quen que faiga o que lle apeteza.

Domingo 15 de xullo: Despois do desaiuno, sobre as 11,00 h. da mañá colleremos o autobús que nos levará hasta Pontevedra, alí cada un fará o que lle apeteza, podese aproveitar para coñecer a cidade e visitar o casco antigo que está moi ben, ou aproveitar e ir de viños que hai unha zona moi boa, ou comer en algun dos moitos e bos restaurantes que hai ou o que queira pero ás 17,00 h. temos que estar todos no autobús para voltar hacia Burela.

O prezo da viaxe sale en 75,00 € por persoa pero a Asociación subvenciona o 25% do importe total, polo tanto o prezo final para os socios é de 50,00 € por persoa e de 75,00 € por persoa para os que non son socios, esto inclúe: autobús, barco, cea de sábado, hotel de 4 estrelas, desaiuno e seguro, quedando por conta de cada un a comida do sábado nas Illas e a comida do domingo en Pontevedra.
Por motivo de solicitudes e papeleo ca Xunta para poder visitar as Illas hai que anotarse con bastante antelación, polo tanto a fecha tope para anotarse será o venres 15 de xuño, a partir desta data non se poderá anotar a nadie, e no momento de anotarse hai que abonar o 50% do importe total, o resto pagarase no autobús ese mismo día, e hai que dar todos os datos ou sexa: nome e apelidos, D.N.I., dirección, teléfono, etc. Como sempre para anotarse en Gráficas Arfe. Hai prazas limitadas, respetarase rigurosamente a orde de anotación.

Nesta ocasión non se van a mandar cartas os socios, polo tanto si fas o favor comentallo a todos os que chepareza que lles pode interesar esta viaxe.

Unha aperta.





sin comentarios

 
Buscar
Regreso al contenido | Regreso al menu principal