Seguridad de la página de inicio
PASADA DAS CABRAS
Vaya al Contenido

BARQUEIRO-BARES (17/08/19)

Pasada das Cabras
Publicado de en descripción rutas · 10 Agosto 2019
BARQUEIRO-BARES (17/08/19)

- DATA: Sábado, 17-08-2019
- SITUACIÓN: Barqueiro-Bares
- TEMPO (horas): 3,5
- DISTANCIA (Qms.): 12
- DIFICULTADE: Baixa
- TIPO DE RUTA: Lineal
- COMIDA: Libre
- DELEGADO: Sefa/Amando

Saliremos do Barqueiro, pasando o lado da mina de cuarzo de Cañoles, ata chegar “A Garita”. Dende alí poderemos divisar o Faro da Estaca de Bares, que é o punto mais setentrional da península ibérica, donde se divide o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico. Tamén poderemos contemplar o Cabo Ortegal, a desembocadura do río Sor, a antiga Base Americana, etc. Seguiremos o noso percorrido polo centro da Vila de Bares, dende alí empezaremos a baixar ata a praia. Un merecido baño nas augas cristalinas  do Porto de Bares, antes de xantar, poñerá fin a nosa ruta.

Pertenece o Camiño do Cantábrico e vai dende O Barqueiro ata Bares, de 12 quilómetros e dificultade baixa.
Inda  que en Bares hai 3 restaurantes, debido as datas en que estamos non  facían reserva para grupos polo tanto vémonos na obriga de levar cada un  a súa comida e comer de bocadillo, índa que se algún quere comer de  restaurante pensamos que non vai ter problema en facelo o ir por  individual. A bebida non fai falta levala xa que a podemos coller alí e  así tela fresca.

Dado que o xoves é festivo, o prazo para  anotarse acaba o mércores e temos abeto nestes meses de xullo e agosto  ata ás 15,00 h., polo tanto como vos digo sempre non esperedes ata a  última hora para anotarse.





Regreso al contenido